Acollida ESO 2018

O paseo do río Rato, o paseo do río Miño e a carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei foron os lugares escollidos para levar a cabo a Xornada de Acollida da ESO neste curso. Esta xornada é diferente, vívese fora das aulas pero prepáranse dinámicas grupais, por parellas e individuais que permiten un mellor coñecemento dun mesmo e das persoas que conforman o grupo. Aproveitouse tamén a xornada no exterior para vivir momentos de contemplación da natureza.

Categoría: