Celebración Día Montagne

Venres 2 de novembro, son as 12:30 da mañá e o timbre do cole sinala que comeza a celebración do Día Montange. Pablo e Carla, delegados de 4º ESO, fan unha lectura por megafonía lembrando o capítulo que viviu Marcelino Champagnat co novo Juan Bautista Montagne. Aquela experiencia marcou de xeito moi forte a Marcelino que decidiu dar un cambio á súa existencia,para ofrecerse sempre aos que o precisan e educar aos xoves como bos cristiáns e honrados cidadáns, fundando a congregación de Irmáns Maristas que perdura nos nosos días. Ao rematar a lectura, os alumnos maiores do colexio baixan ás clases dos máis pequenos para axudarlles a elaborar e decorar uns barquiños de papel. Rodeados de guirnaldas de gratitude con mensaxes para as personas que iniciaron a misión Marista y para as que ahora a salvagardan, e nun ambiente distendido de charlas e sorrisos, as parellas van rematando a tarefa e colocan os barquiños a modo de ofrenda nun simulado río, para pedir que poidamos seguir navegando xuntos e cun mesmo obxectivo, seguir mantendo vivo o soño do noso fundador. 

Categoría: