| Orientación |
|
Departamento de orientación Escolar.
Este servizo permítenos potenciar a función titorial e axudar aos/ás alumnos/as a conseguir un equilibrio persoal, familiar, escolar e social. Atenderá os seguintes campos: § Reforzar os hábitos de estudo e traballo persoal nos/nas alumnos/as de Primaria e Secundaria. § A realización da orientación educativa e profesional dos/das alumnos/as en estreita relación cos/coas titores/as. § O apoio educativo didáctico, levado a cabo en coordinación entre profesores/as e este departamento. § A exploración e elaboración de informes psicopedagóxicos para poder levar a cabo tarefas de intervención educativa especializada. § Este departamento intégrano: D.ª Cristina Villar Covas (Psicopedagoga). D.ª Irene Freije Ordóñez (Audición e linguaxe). D.ª Marita Tovar Rodríguez (Pedagoga) D. Marcos Rodríguez Vázquez (Psicopedagogo) D. Teodorino Aller Marné (Pedagogo) Horario de visitas: de luns a xoves, pola mañá ou pola tarde (previa cita). |