XORNADA DA CULTURA GALEGA NO COLEXIO

Ao igual ca o curso pasado, queremos celebrar o Día da Cultura Galega conmemorando o Día das Letras Galegas e aproveitando a xornada para celebrar Os Maios e gozar dos xogos populares, o baile e as cantigas tradicionais, complementando con exposicións e traballos na aula que poderedes ver o xoves 16 de Maio de 2019 durante a mañá no patio.
Que imos facer?
· Traballar nas clases as unidades didácticas do Día das Letras Galegas, este ano, dedicado a Antón Fraguas (https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/o-dia-das-let...)
· Aproveitar a festa das Letras para celebrar tamén a festa dos Maios:
o Elaboración do maio (con xestas, fentos, fiúncho, flores...)
o Xogo-baile (maiores e pequenos cantamos e bailamos A Carrasquiña arredor do Maio)
o Mostra de canto e percusión tradicional – exposición de instrumentos (aportados polo profesorado)
o Mostra de baile tradicional: Muiñeira de Lugo
o Exposición de traxes tradicionais
o Mostra de utensilios da vida cotiá no rural galego cos seus nomes
o Exposición de traballos sobre a agroalimentación lucense (1º ESO)
o Exposición de traballos sobre as Letras Galegas (Lingua Galega)
o Xogos tradicionais con XOTRAMU
o Foto Col (elaborado pola profe Lola): podes facerte fotos co traxe tradicional e unha col na túa man!
Queres colaborar?
· Se desexas traer vexetais para decorar o maio, podes facelo.
· Se queres cantar ou tocar un instrumento tradicional, estás convidado/a.
· Se che apetece pasar polo patio no momento no que os teus fillos/as están cos maiores, facendo o maio, xogando e cantando, podes vir.
· Se queres vir á clase do/a teu fillo/a para contar un conto, unha historia, cantar ou tocar un instrumento ou calquera outra cousa relacionada coa cultura galega, podes avisarnos e buscamos un oco para poder facelo.
Para facer calquera destas cousas, debes avisarnos. Temos uns formularios en portería para os/as que desexen colaborar. Se che apetece e podes, apúntate. O prazo remata o Xoves 9 de Maio ás 9 h. Despois, temos que facer un listado e organizalo. Podemos dicirche a hora na que temos pensado facer as actividades para que poidas velas (serán pola mañá). Esta información publicarase cando saibamos exactamente a xente que desexa vir.
Para ese día, pediremos que o alumnado de Infantil e 1º- 2º - 3º Primaria traia unha flor (vale calquera), e que veñan con vestimenta branca combinada con cores alegres (isto, para todo o alumnado), se pode ser (non hai que complicarse. Se non se pode, non hai ningún problema. Simplemente é por facer todo máis vistoso e porque nalgúns lugares era moi común vestirse así para darlle a benvida á primavera).
Agardamos que sexa un día especial e que tanto os/as maiores/as coma os pequenos/as aproveiten para aprender dun xeito lúdico, convivindo e compartindo cultu


 

Categoría: